Sunday 12 de May de 2024

Papá Noel, tarde de baile e coros para os vindeiros días de Nadal na Pobra


A poucos días dunha das noites máis desexadas polas crianzas, Papá Noel estará na Pobra do Caramiñal para recolle-las peticións de última hora no seo da campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal, segundo avanza a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo.

Será no 22 de decembro, en horario de 18.00 a 21.00 horas, no Mercado do Nadal. Aínda que inicialmente ía ter lugar no Fogar do Nadal, trasládase aos postos situados no Cantón da Leña dado o bo tempo para esa xornada.

Xa focalizada nas persoas maiores, haberá unha sesión especial de Tardes de baile no día 23, a partir das 20.30 horas, no Centro Sociocomunitario e de Benestar. Estará amenizada polo grupo Puzzle.

E, no que respecta aos coros, Piccolo percorrerá o núcleo urbano no día 26, a partir das 18.00 horas, mentres que o das Amas de Casa fará o propio no 3 de xaneiro, das 19.00 horas en diante.